L I T E R A T U R   A L D I Z K A R I E N
G O R D A I L U A

 

 
 

                   - Orrialde nagusira itzuli
                   - Txistu y Tamboliñ aldizkaria
                   - Ale honen aurkibidea

                   - Ale honi buruzkoak (azalaren irudia eta fitxa)

Aurreko artikulua— Txistu y Tamboliñ... y vosotros los vascos, ¨qué quereis? (1990-azaroa) —Hurrengo artikulua




 

 

Hospedaxe

 

Gregorio

 

Candommetéronme na cárcere tratáronme como a todos. Preocupación extrema polo meu estado de saúde, finura de modos e antoxo de vellina por repasar repetidas veces os álbunes de fotos pra recoñecer a cantos poidese. Un que beliscaba para ver si estaba forte, outro que preguntábame por fulano ou mengano, pola matrícula, polo teléfono o pola rúa, por si habería que receitarme fósforo pra o seso, outro que querondo coñecer o meu sexo e creíndome mudo, supoúo, deume ca punteira aí, pra non palpalos ca súas maus porque ¡se é un lugar feo, e logo aprentándome no pescozo confirmou que eu era un macho cagao (algunha subespecie díxeume pra os meus adentros, que nontardaron en valdeirarse a ó facerme beber macedónia descomposta).

        Si tivese a oportunidade de saír por onde quixera non haber entrado, non volvería pra non causar tanta molestia.

        Maquella agarimosa mansión había un servente apodado Cervantes; gustaballe apuntar todo-los estribillos e tonadillas que entonaban os hóspedes e redactar longos informes coas palabras de agradecemento que cada invitado pronunciaba, cunha pluma untada na tinta da Arteria Bolchevique.

        Cuando aquel anfitrión soupo que eu tentaba de apañármelas na vida do oficio de escribir chegou a mi e me sinalou confidencialmente: "si queres permañecer eiquí non debes rasguñar o meu nome, tés que facer evidente a túa incapacidade como escritor. Pra elo has de superar unha proba que consistirá en redactar un conto policiaco coas palabras dunha receita de cociña elexida ó azar, nin unha mais nin unha menos". Non aparecía a palabra coitelo, óptima pra un asesiñato pero acordeime dun yonky que asaltou a unha parienta americana no banquete das bodas de prata dos seus pais a punta de tenedor, pensaba tamén que a protagonista podería ser unha rapaza guapa que podería levar nome de dulce, pero facer unha composición como a que pedíame era labor de arquitectura e non a dun literato como eu. Non son unha persoa orgullosa e recoñezco que aquela vez ainda que quixeu escribir un texto brillante foime imposible.

        Fai catorce anos daquelo e dende que lleguei eiqui. Hoxe ha morto o número un das letras e o alcaide hame proposto escribir un poema digno de súa honra, cousa que farsi gustosamente ainda que descóuteme cinco anos da estancia.

 



Literatur Aldizkarien Gordailua Susa argitaletxearen egitasmoa da.