Encontro con Sarri en Nación Reixa
Nación Reixa
hai dez anos que os panos, San Fermín
cubriron o ceo de vermello, 7 de xullo
e hoxe encontro a Sarri en Nación Reixa, aí andamos
alá as cousas non eran moi fáciles
as rúas estaban cheas de xente razoable
dise dun home que é razoable
como as putas din que un cliente é serio
polo andar xa se ve que non somos
serios nin razoables
emitindo na mesma frecuencia
aquí estamos en Nación Reixa
aquí, as casas non teñen pararraios
nin nos afectan os cambios horarios
¿pódense ter os ollos esgotados
despois de ver tantas cosas?
alá falbamos por educación en castelán
e cantabamos en inglés pr mestizaxe
aquí saltamos de beira a beira
usando as nosas linguas minoritarias
existe o diccionario do portugués
uo do galego-brasileiro ó euskara
no que se traduce a palabra "saudade"
"saudade, bakardadea, oroimina, herrimina eta beste"
¿sabes ti o que é a felicidade?
é dicir chuvia e que chova
agora somos como unha canción perdida
e encontrámonos en Nación Reixa
polo andar xa se ve que non somos
serios nin razoables
pasan moitos trens todas as noites
pero ningún para en Nación Reixa
aquí non hai estación nin vías
lado máxico da fin do mundo
as despedidas son adeuses demasiado tristes
unha metralleta de beixos desde Nación Reixa
|